BIMUS

Quen somos. Rede de Bibliotecas de Museos (BIMUS)

A creación da Rede de Bibliotecas de Museos (BIMUS) ten a súa orixe no Plan de Museos Estatais 2004-2008 da Subdirección Xeral de Museos Estatais do Ministerio de Cultura. Este plan proxectaba como parte do programa de Documentación da área de Coleccións a mellora da situación das bibliotecas dos dezasete museos de xestión exclusiva do Ministerio de Cultura dependentes da dirección Xeral de Belas Artes e Bens Culturais, a partir da informatización das súas coleccións.

Entre os obxectivos da Rede de Bibliotecas de Museos (BIMUS) atópase a mellora e optimización dos recursos materiais e humanos das bibliotecas, partindo dun sistema común de xestión informatizada. Preténdese conseguir unha mudanza nos procesos de traballo, fomentando a cooperación a través do uso de ferramentas como o Catálogo Colectivo e desenvolvendo políticas e servizos bibliotecarios comúns, como a adquisición cooperativa ou o préstamo interbibliotecario.

A implantación posta en marcha de BIMUS ofrece a posibilidade de consultar os catálogos de todas as bibliotecas da Rede a través dun Catálogo Colectivo que aumenta a posibilidade de uso e visibilidade de todos os fondos. Ademais, O Catálogo Colectivo é un punto de partida para a constitución de grupos de traballo sobre temas específicos e para probar e aplicar as súas conclusións no contorno común.

Proximamente BIMUS vai contar con novos recursos, como imos contar cunha biblioteca dixital, que dará acceso aos fondos dixitalizados polas distintas institucións, así como a outros recursos electrónicos de interese común como bases de datos, revistas electrónicas, repositorios institucionais e outros recursos de Internet.

Na actualidade, BIMUS está formada por dezaoito bibliotecas pertencentes aos museos de titularidade estatal e xestión directa do Ministerio de Cultura, dezasete dependentes a través da dirección Xeral de Belas Artes e Bens Culturais e a biblioteca do Museo do Teatro, dependente do Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música (INAEM).



Icono de conformidad con el Nivel Doble-A del W3C-WAI. Se abre en ventana nueva Titulares RSS disponibles

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte